Apuntes biográficos/históricosMembro da Real Academia Española de la Lengua, presidente durante dous mandatos, e un dos impulsores da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas.
Fillo dun maxistrado destinado na Coruña, aos trece meses a familia múdase a Oviedo debido á destitución do seu pai por negarse a xurar a constitución de 1869. Unha vez rehabilitado, é destinado a Sevilla, máis tarde a Albacete e finalmente a Madrid onde Ramón Menéndez Pidal remata os seus estudos de Secundaria.
Fai a carreira na Universidade de Madrid e en 1899 obtén a cátedra de Filoloxía Románica. Ingresa na Real Biblioteca para a elaboración do Catálogo de Manuscritos que non chegou a rematar pero permitiulle o estudo dos cancioneiros e romanceiros alí custodiados.
Foi presidente do Comité Directivo da Residencia de Estudiantes, director do Centro de Estudos Históricos e vicepresidente primeiro da Xunta de Ampliación de Estudos, organismos vinculados coa Institución Libre de Enseñanza. Membro da Real Academia da Historia onde ingresou cun discurso sobre a Crónica Xeral de Alfonso X.
Durante a guerra civil mantívose fora do país e non recibiu permiso para regresar ata xullo de 1939. Aplicóuselle un expediente de depuración que non foi levantado ata 1952.
Formas alternativas del nombreMenéndez Pidal, R., 1869-1968
Fuentes consultadas1. Galipedia. Visitada o día 23 de agosto de 2021 https://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Men%C3%A9ndez_Pidal
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 23 de agosto de 2021. XX1020681