Apuntes biográficos/históricosRemixio González Gándara, nado o 2 de xullo de 1914, foi un mestre, avogado e e político galego. Estudiou no Colexio Concepción Arenal de Ourense. Membro de Ultreya, participou nunha estadía na Granxa de Salcedo entre o 20 e o 27 de marzo de 1932. Despois pasou ás Mocedades Galeguistas. Foi mestre de Mourillós. Despois fíxose avogado e exerceu en Vigo nos anos cincuenta. No ano 1966 participa no homenaxes que se lle fixo a Celso Emilio Ferreiro antes de partir para América. Foi pai de María Dolores González Lorenzo.