Apuntes biográficos/históricosMestre nacional e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi socio fundador e numerario do Seminario de Estudos Galegos, realizou o seu ingreso o 9 de febreiro de 1924 co traballo "A ponte de Vidán", que foi publicado o ano seguinte na revista Nós. Foi elixido secretario do Colexio oficial de doutores e licenciados en Ciencias e Letras do distrito universitario de Santiago de Compostela, en xaneiro de 1927. Foi profesor axudante da Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Instituto de Ribadeo e catedrático de Xeografía e Historia do Instituto de Elxe. Coa derrota da República foi depurado, sendo suspendido de emprego e soldo por un ano, con traslado forzoso fora da provincia, prohibición de solicitar cargos vacantes durante cinco anos e inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza.
Galipedia