Apuntes biográficos/históricosComeza como fotógrafo ambulante polo rural da súa comarca ata que se establece en Pontevedra, na rúa Michelena. En 1907 fai unha reportaxe sobre o balneario da Villa Bos Aires, construído por Casimiro Gómez en Monte Porreiro, e en 1909 participa na Exposición Rexional celebrada en Santiago de Compostela. Colabora coa Axencia EFE, o ABC e a revista Vida Gallega. As súas fotografías son a fonte de postais impresas, moitas delas conservadas no Museo de Pontevedra. En 1921 consigue a medalla de ouro do Primeiro Salón Internacional de Fotografía, celebrado en Madrid, pola súa fotografía "Xitana". Participa con Luis Casado Fernández, Ksado, nunha mostra de pintura galega en Bos Aires.
Pintos é o mestre do debuxante e fotógrafo betanceiro José Veiga Roel. En 1949 foi considerado mellor fotógrafo de España pola revista madrileña Sombras.