Apuntes biográficos/históricosNacido probablemente en Valladolid en 1630, pronto optou polos hábitos relixiosos entrando como novicio no mosteiro de Oseira, onde un irmá seu, Cristóbal, foi abade entre 1672 e 1674. Respondendo aos criterios adoptados nas Definicions da Orde de Claraval en 1584, onde se quixo primar o nomeamento de Arquiveiros-Bibliotecarios que, con rigor e veracidade, deran conta da Historia da Orde nos distintos mosteiros, Fray Tomás abordou este traballo (que lle daría fama e crédito universais) no libro 'Fundación antigüedad y progresos del imperial monasterio de Nuestra Señora de Oseira, de la orden de Císter'. É de salientar a preocupación que a Orde do Císter demostrou en canto a ter recollido históricamente o legado cultural de Oseira, por iso mostrou o desexo de que 'Aya, assi mismo, un libro en que estén por memoria las cosas siguientes: La relación que se pudiere auer de la fundación del Monasterio. La reformación del (aquí seguramente facía alusión ao terrible incendio que sufriu alá polo ano 1552). Las personas o cargos que tuviese, la hazienda...'
En tal sentido o libro citado -que constitúe un referente histórico na súa materia- concibe a historia de mosteiro dividida en capítulos, tendo como base o abadoloxio, ofrecendo, de cada abade, biografía breve e feitos máis salientables, recollendo, asimesmo, por orde cronolóxica, os sucesos de maior relevo da época. Concluído o texto no ano 1677, tería continuación a obra no labor de padre Damián Yáñez Neira, que historia os acontecementos ata o ano 1993.
Formas alternativas do nomePeralta, Thomas de, 1630-1693
Fontes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX824755. Consulta o 26.06.2017 http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX824755&index=LCNAME&lang=es