Vega Martínez, Juana María de la, Condesa de Espoz y Mina, 1805-1872
(A Coruña, España, 1805 - A Coruña, España, 1872)
Apuntes biográficos/históricosPertencente a unha ilustrada familia coruñesa, formouse dende moi nova en Letras e Humanidades. Serían os seus pais, de profunda ideoloxía liberal, quen concertaron o seu matrimonio co xeneral Francisco Espoz y Mina, relevante figura da Guerra da Independencia e nas loitas contra o Carlismo e Fernando VII.
Durante a rexencia de Espartero é nomeada aia da futura raíña Isabel II e Camareira Maior da Corte, época na que escribe a Historia Interior de Palacio. Cesada en 1843, regresa á súa cidade natal tras entregar ao Congreso as Memorias do seu marido. Ó pouco converteríase nunha figura fundamental na vida política e social coruñesa, sendo a súa casa centro de reunión de militantes liberais contrarios a Narváez.
Coñecida como a Duquesa da Caridade pola súa participación en causas sociais e benéficas, fundou, xunto con Concepción Arenal, un padroado de señoras para a visita e ensinanza dos presos. Isabel II nomearíaa viceprotectora dos establecementos de Beneficencia de A Coruña. Foi, asimesmo, unha das organizadoras dos primeiros Xogos Florais de Galicia na cidade herculina.
Formas alternativas do nomeEspoz y Mina, Condesa de, 1805-1872
Mina, Condesa de, 1805-1872
Vega Martínez de Mina, Juana, 1805-1872
Vega, Juana de, Condesa de Espoz y Mina, 1805-1872
Vega Martínez, Juana María de la , Condesa de Espoz y Mina
Vega, Juana María de la, 1805-1872
Vega Martínez, Juana María de la Condesa de Espoz y Mina
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 29.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=5122