(Amasia, Grecia, 63 a.C. - Amasia, Grecia, 19 d.C)
Apuntes biográficos/históricosEscritor grego nacido en Asia Menor arredor do 63 a.C. Escribiu uns Comentarios históricos e unha Geografía, sendo considerada esta última como unha das obras máis completas que nos foron legadas no campo da descrición xeográfica na antigüidade. Os datos que aporta sospéitase que foron tomados da obra doutros escritores (Polibio, Posidonio, Asclepíades) ás que lles engadiu novos datos de persoas vencelladas ao exército e á administración romana. Téñase en conta que o comezo da conquista romana dátase arredor do ano 136 a.C. Estrabón dedica o capítulo 3 do Libro III (son 17 en total) á Lusitania e escribe "hoxe, a maioría dos lusitanos chámanse calaicos" (III, 3, 2). Refírese ás terras que logo constituirían a provincia da Gallaecia baixo Diocleciano, pois fala do Miño como "o maior río da Lusitania". Cando se refire aos seus habitantes, escribe "Todos estos habitantes da montaña (...) beben 'zithos' (cervexa) e o viño, que escasea, cando o obteñen consúmese enseguida nos grandes festíns familiares". A pesares de que estes datos resultan un tanto anecdóticos, o historiador Cuevillas considera que, sen esta fonte de información, "moitos feitos arqueolóxicos estarían privados do seu antecedente literario". Neste tempo, o proceso de culturización romana iniciábase, o que cambiaría de maneira irreversible a sociedade e a cultura da Galicia da época.
Formas alternativas do nomeStrabo, 63 a.C.-19 d.C
Strabon, 63 a.C.-19 d.C
Strabone, 63 a.C.-19 d.C
Fontes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1110117. Consulta o 21.06.2017 http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX1110117&index=LCNAME&lang=es