(Santiago de Compostela, A Coruña, España, 1871 - Santiago de Compostela, A Coruña, España, 1962)
"Logo de rematar o bacharelato en 1887, estudou a carreira de Farmacia en Santiago e obtivo a licenciatura en 1896, ano no que tamén conseguiu o doutorado en Madrid. Despois de acadar por oposición a cátedra de Materia Farmacéutica Vegetal de Barcelona, en 1898, trasladouse inmediatamente á de Santiago, que desempeñou desde o curso 1898-99 ata a súa xubilación en 1941. Foi Decano da Facultade de Farmacia desde 1918 ata 1941. Formou parte de diversas sociedades científicas e participou na Delegación de Santiago da Sociedad Española de Historia Natural, asociación que se constituíu en 1909, con Eleizegui e Antonio García Varela de presidente e secretario iniciais. Tamén formaban parte dela Baltasar Merino, presidente honorario, e Armando Cotarelo, Eugenio Labarta, Cabeza de León, Rios Rial, Sobrado, etc. Algúns breves traballos de Eleizegui desenvolvidos no seo da Delegación viron a luz no Boletín da Sociedad Española de Historia Natural: Reactivo combinado para la doble coloración en la histología vegetal (Eleizegui, 1909a), Excursión a las minas de Fornás (A Coruña) (Eleizegui, 1909b), Algunos vegetales gigantescos de Galicia (Eleizegui, 1909c)."
Enlaces relacionados
earthReal Academia de la Historia
earthConsello da Cultura Galega
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal