Apuntes biográficos/históricosO Instituto de Estudios Gallegos foi unha institución cultural creada na Coruña en 1918 por Manuel Casás Fernández. Tiña carácter rexionalista, e xurdiu como contrapunto ás Irmandades da Fala.
O seu presidente foi propio Casás, e o secretario era Fernando Martínez Morás. A principal realización do organismo foi a organización dun Congreso de Estudios Gallegos que se celebrou na Coruña en agosto de 1919. Outra realización do Instituto foi a creación da Biblioteca Concepción Arenal en 1924.
En xuño de 1931 o Instituto elaborou as Bases para un anteproyecto de Estatuto Político de Galicia, que consistía nunha folla asinada por Manuel Casás e Fernando Martínez Morás con 18 artigos e unha disposición transitoria, que se inserían nunha traxectoria rexionalista sen considerar tan só a oficialidade plena da lingua galega.