• [Verín] (Publicación: 1906-1958?)

    [Verín] (Publicación: 1906-1958?)

  • Memoria sobre las aguas minerales de Galicia (1878)

    Memoria sobre las aguas minerales de Galicia (1878)

    Varela Puga, Desiderio

  • Las aguas de Mondariz : albúm-guía (1899)

    Las aguas de Mondariz : albúm-guía (1899)

  • Mondariz Fuentes de Gándara y Troncoso, Hijos... (s.a.)

    Mondariz Fuentes de Gándara y Troncoso, Hijos... (s.a.)

  • [O Grove] (Publicación: 1901-1950?)

    [O Grove] (Publicación: 1901-1950?)

BALNEARIA BIBLIOGRÁFICA. Un percorrido bibliográfico polas augas minerais de Galicia

Galicia. Terra das augas. Unha antiga definición que recolle séculos de vida ao redor de mananciais, fontes, servizos de saúde e repouso. Unha característica única e preciosa que xerou centos de libros, revistas, carteis e ilustracións, mapas, postais e obxectos de uso cotián. Unha xanela artística, social, médica e científica a tempos e xentes do noso país.

A Biblioteca de Galicia acolle, entre o 5 abril e o 31 xullo, unha mostra que pretende amosar unha pequena selección gráfica e bibliográfica deste mundo impreso que acompaña o fenómeno social das nosas augas e dos nosos balnearios case desde o seu nacemento. Unhas 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais A maioría das pezas bibliográficas e gráficas proceden da propia Biblioteca de Galicia, pero ademais implicáronse nesta mostra particulares como a familia Galdo-Rolón ou entidades como o “Cluster do Auga Mineral e Termal de Galicia” e “Aguas de Cabreiroá” (Hijos de Rivera S.A.).

Para complementar esta exposición, Galiciana-BDG fixo unha selección dos materiais dixitalizados da súa colección relacionados coas augas minerais de Galicia. Pódense consultar ata 85 rexistros bibliográficos, entre os que se atopan exhaustivos análises das augas de Antonio Casares ou fermosas postais das primeiras décadas do século XX mostra do incipiente tursimo daquela época.

Tríptico da exposición

Dossier da exposición