Apuntes biográficos/históricosEn 1929 aproba as oposicións a maxisterio. No ano 1925 casara en Maside, Ourense con Pura Fernández Fernández. Colabora no número 36 (1927) da revista Nós dentro da sección "Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza". Consta outra colaboración en castelán no diario "El Pueblo Gallego" no número correspondente ao 27 de agotso de 1933, titulada "Paisaje". No ano 1936 foi suspendido de emprego e soldo durante 3 meses por consideralo "maestro extremista".