(Vigo, España, 1895 - Santiago de Compostela, España, 1976)
Apuntes biográficos/históricosFoi un científico galego.
Estudou bacharelato en Vigo e en Madrid Ciencias Naturais e Medicina. Doutorouse en Ciencias Naturais coa tese Curculiónidos da Península Ibérica e Islas Baleares en 1918. Ao ano seguinte licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicouse á docencia e a súa obra investigadora centrouse, sobre todo, na Entomoloxía. Desempeñou os cargos de decano da Facultade de Ciencias, presidente do Seminario de Estudos Galegos, do que formaba parte desde 1926, e reitor da Universidade. En 1947 ingresou na Real Academia Galega co discurso "Las especies del género Carabus en Galicia". Tamén colaborou na Historia de Galiza de Ramón Otero Pedrayo, escribindo a parte de Zooloxía.
O Museo de Historia natural da USC leva o seu nome e, no ano 2014, a Real Academia Galega de Ciencias adicoulle o Día do Científico Galego.
Galipedia
Formas alternativas del nombreIglesias, Luis, 1895-1976
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 19 de maio de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2460
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1099656. Visitado o 19 de maio de 2020