Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 25 de julio de 1969]
Autor: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
Publicación: [1969]
Descripción física: 1 carta ([2] p.) ; 27 x 21 cm
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Notas: Carta mecanografada
Resumen: Con esta data existen dúas cartas. Carta enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane en resposta á súa do 14 de xullo na que lle confirma que o mural quedou estupendamente e lamenta non facerlle unha inauguración. Coincide coas súas ideas sobre o museo de arte galego contemporáneo, propón denominalo Instituto de Arte Carlos Maside e reflexiona acerca do seu sostén, Cerámicas del Castro, e sobre a acta de constitución.
Confírmalle que vai recibir os debuxos de Maside e que xa se recibiron os seus gravados e os de Seoane para a Fundación Beiras de Vigo.
Explícalle que continuará coa mudanza ata agosto e que de maneira provisional instalou na parte baixa unha exposición do Sargadelos antiguo e actual, cerámica popular e pintura galega, para que en outubro comecen as obras da parte alta.
Adxúntalle copia dunha carta sobre as dificultades para entregar as obras para a exposición en Montevideo. Avísao de que o ministro non respondeu á súa carta sobre o permiso para Sargadelos pero que aínda así están a contratar empregados e a vender cerámica, e que tanto el como José Luis están volcados no proxecto.
Infórmao de que o Catón tivo que ir á censura previa, e de que Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey, lle comunicou que foi autorizado con moitas variacións.
En nota comunícalle que por correo aparte lle mandou uns folletos e encárgalle adiantarlle diñeiro a Camilo en caso necesario.
Condiciones de acceso y uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Registros relacionados: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 14 de julio de 1969]. - [1969]
Materia / lugar / evento: Díaz Arias de Castro, Camilo, 1948-
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Maside, Carlos, 1897-1958
Ramón e Fernández Oxea, Xosé, 1896-1988
Cerámicas do Castro
Cerámicas de Sargadelos
España - Situación social - 1939-1975 (Ditadura)
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Otros autores: Seoane, Luis, 1910-1979
CDU: 75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
75 Seoane, Luís (044.2)
Tipo de publicación:
Manuscritos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal