Cuba (oficialmente República de Cuba), é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do Mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos Estados Unidos polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo noreste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a Guerra Hispano-Estadounidense de 1898, despois da cal foi brevemente administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de fornecer o seu sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura do presidente Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista co liderado de Fidel Castro. Dende 1965, o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista. Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. é un país multiétnico, no que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes, incluíndo os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español, a introdución de escravos africanos, a estreita relación coa Unión Soviética durante a Guerra Fría, e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos.Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado índice de Desenvolvemento Humano de 0.815 no 2014. Segundo os datos presentados polas Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855. «Cuba profile: Facts». BBC News. Consultado o 26 de marzo de 2013. Thomas 1998, p. ?. Thomas 1997, p. ?. «Remarks of Senator John F. Kennedy at Democratic Dinner, Cincinnati, Ohio». John F. Kennedy Presidential Library & Museum Jfklibrary.org. 6 de outubro de 1960. Consultado o 7 de novembro de 2010. [Ligazón morta] Horowitz 1988, p. 662 Thomas 1998, p. 1173. «Human Development Report 2014» (PDF). United Nations Development Programme. 2014. Consultado o 2014-07-24. «Living Planet Report 2006» (PDF). Fondo Mundial para a Natureza, Sociedade Zoolóxica de Londres, Global Footprint Network. 24 de outubro de 2006. p. 19. Consultado o 18 de agosto de 2012. «World failing on sustainable development». Science.org.au. 3 de outubro de 2007. Consultado o 23 de abril de 2014
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal