Escandinavia é a rexión cultural e histórica da Península Escandinava. Os países escandinavos son Noruega, Suecia e Dinamarca, que se recoñecen mutuamente como partes da Escandinavia. O rótulo colectivo "Escandinavia" reflicte a similitude cultural, e mailos fortes lazos históricos, entre eses países a pesar da súa independencia política. O uso e o significado do termo fóra da Escandinavia é un tanto ambiguo, ás veces inclúese Finlandia e Islandia e outras veces exclúese Dinamarca. Eses significados alternativos son considerados incorrectos na Escandinavia, e ocasionalmente algunhas persoas pódense ofender con tal uso.Para evitar ambigüidades, úsase o termo países nórdicos incluíndo os reinos escandinavos da Noruega, Suecia, Dinamarca e mailas repúblicas da Finlandia e Islandia.Os termos Fenoscandia e Feno-Escandinavia poden tanto ser usados para incluír á península Escandinava, á península de Kola, Karelia e Finlandia no mesmo termo que alude ao Escudo Fenoscandiano, como se poden usar nun senso máis cultural, máis ou menos como sinónimo de países nórdicos, significando o contacto historicamente estreito entre as culturas e pobos fínicos, saami e escandinavos.Fóra da Europa, os Países Baixos ás veces tamén se considera, de modo erróneo, Escandinavia. A razón para isto semella ser unha confusión con Dinamarca: ámbolos dous son pequenos países teutónicos con fronteiras no Mar do Norte e os adxectivos en inglés Dutch e Danish (neerlandés e dinamarqués, respectivamente) son un pouco semellantes. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escandinavo. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1289. ISBN 9788482887524
Escandinavia es una región geográfica y cultural del norte de Europa (aunque el vocablo se usa comúnmente también en términos idiomáticos) compuesta por los reinos de Noruega, Suecia y Dinamarca, en los cuales se hablan lenguas nórdicas, también llamadas lenguas escandinavas. Algunos expertos argumentan que debería incluirse también a Finlandia e Islandia como parte de Escandinavia, con lo cual Escandinavia sería sinónimo de países nórdicos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal