Apuntes biográficos/históricosEstivo emigrado uns anos en Cuba. Pertenceu á Irmandade da Fala de Betanzos. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1921. Durante a Segunda República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias; frecuentou na capital coruñesa o parladoiro de Luís Huici, xunto con Luís Seoane, Francisco Miguel, Xenaro Ruano, Álvaro Cebreiro e José Villaverde. Pasou a Guerra Civil en Madrid onde colaborou no periódico "Galicia Libre", voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladouse a Valencia en 1938, pertenceu á directiva da Agrupación de Gallegos Libertarios. Publicou os seus gravados e caricaturas en "Galicia", "Alfar", "El Pueblo Gallego", "Galicia Gráfica" e "Céltiga". Pasou a Francia en 1939 e alí se perde a súa pista.
Fuentes consultadas1. Wikipedia. Visitada o 24 de xuño de 2025. https://www.wikidata.org/wiki/Q12392703