A colección do CCPBG

Cifras totais

O número total de títulos do CCPBG son 216.886. Representan o 98% do total da base de datos.

O total de exemplares son 349.834. Representan o 99% do total da base de datos.

O total de títulos do CCPBG dixitalizados son 4.833. Representan o 70% do total de títulos dixitalizados na base de datos.

O total de imaxes dixitais do CCPBG son 765.605. Representan un 31% do total da base de datos.

Tipoloxía

Da colección hai que sinalar que, polo momento, só consta de monografías. Nun futuro incorporaranse outros tipos de materiais : publicacións periódicas, fotografías, mapas etc.

Cronoloxía

A cantidade de títulos descritos en función da data de publicación mostra un certo predominio dos documentos do século XIX, aínda que os dos séculos XVIII e XX están moi próximos. Máis raros, por suposto, son os do século XV, tal como se mostra na gráfica de embaixo:

 

Podemos facer tamén o corte en función da evolución da imprenta: de manual a mecanizada, o cal determina o pase do libro antigo ao moderno. Este momento sitúase nos primeiros anos do século XIX (neste caso fixémolo no 1800). Pode observarse que no noso catálogo son maioría os libros modernos fronte aos antigos.

 

Lingua

A cantidade de títulos en función da lingua na que foron escritos pode analizarse no cadro de embaixo que representa as linguas máis usadas. Nel destaca o predominio do español, seguido do latín, moi usado no fondo antigo e o fondo en francés. Cabe salientar a existencia do fondo galego, aínda que sexa reducido. 

 

Lugar de publicación

As impresións dos documentos do CCPBG son maioritariamente feitas en España como se reflicte na gráfica de embaixo, en segundo lugar cabe destacar a presenza de fondos publicados en Francia e Italia. 

 

Dixitalización

Ata este ano 2024 conseguiron dixitalizarse 5.326 títulos do CCPBG dos máis de 221.000 existentes, o cal representa só un 2%. 

Non obstante, a porcentaxe de fondo dixitalizado do CCPBG no total da Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana) representa máis da metade (56%), é dicir, do total dos 9.541 títulos dixitalizados en Galiciana, 5.326 pertencen ao CCPBG, o resto (4.215) a outras seccións :

Esta última información pode traducirse a número de imaxes dixitalizadas ou obxectos dixitais. Son 877.389 imaxes dixitais do CCPBG, mentres o total de imaxes dixitais existentes na Biblioteca Dixital de Galicia ascende a 3.268.489.  A proporción, neste caso, é inferior á dos seus títulos dixitalizados: as imaxes do CCPBG representan só o 27% do total existente en Galiciana. A explicación está nas publicacións seriadas, que non están aínda no CCPBG e que conteñen a meirande parte das imaxes. 

Evolución da coleccion do CCPBG nos últimos 13 anos

No seguinte cadro pode observarse como a colección, e sobre todo a súa dixitalización, non parou de medrar entre o 2011 e o 2024. Aínda que a colección física non aumentou moito, si o fixo o proceso de dixitalización, a súa evolución positiva obsérvase na cantidade de imaxes dixitalizadas :