O número total de títulos do CCPBG son 216.886. Representan o 98% do total da base de datos.
O total de exemplares son 349.834. Representan o 99% do total da base de datos.
O total de títulos do CCPBG dixitalizados son 4.833. Representan o 70% do total de títulos dixitalizados na base de datos.
O total de imaxes dixitais do CCPBG son 765.605. Representan un 31% do total da base de datos.
Da colección hai que sinalar que, polo momento, só consta de monografías. Nun futuro incorporaranse outros tipos de materiais : publicacións periódicas, fotografías, mapas etc.
A cantidade de títulos descritos en función da data de publicación mostra un certo predominio dos documentos do século XIX, aínda que os dos séculos XVIII e XX están moi próximos. Máis raros, por suposto, son os do século XV, tal como se mostra na gráfica de embaixo:
Podemos facer tamén o corte en función da evolución da imprenta: de manual a mecanizada, o cal determina o pase do libro antigo ao moderno. Este momento sitúase nos primeiros anos do século XIX (neste caso fixémolo no 1800). Pode observarse que no noso catálogo son maioría os libros modernos fronte aos antigos.
A cantidade de títulos en función da lingua na que foron escritos pode analizarse no cadro de embaixo que representa as linguas máis usadas. Nel destaca o predominio do español, seguido do latín, moi usado no fondo antigo e o fondo en francés. Cabe salientar a existencia do fondo galego, aínda que sexa reducido.
As impresións dos documentos do CCPBG son maioritariamente feitas en España como se reflicte na gráfica de embaixo, en segundo lugar cabe destacar a presenza de fondos publicados en Francia e Italia.
Ata este ano 2024 conseguiron dixitalizarse 5.326 títulos do CCPBG dos máis de 221.000 existentes, o cal representa só un 2%.
Non obstante, a porcentaxe de fondo dixitalizado do CCPBG no total da Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana) representa máis da metade (56%), é dicir, do total dos 9.541 títulos dixitalizados en Galiciana, 5.326 pertencen ao CCPBG, o resto (4.215) a outras seccións :
No seguinte cadro pode observarse como a colección, e sobre todo a súa dixitalización, non parou de medrar entre o 2011 e o 2024. Aínda que a colección física non aumentou moito, si o fixo o proceso de dixitalización, a súa evolución positiva obsérvase na cantidade de imaxes dixitalizadas :
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal