Nos videotitoriais de embaixo explícase como facer buscas no Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, convén revisalos para explotar todas as opcións o mellor posible:
Neste vídeo faise unha introdución ás buscas no catálogo, como está constituída a base de datos de Galiciana e formúlanse as necesidades principais, para en función destas, facer as limitacións pertinentes. Así podes ser máis consciente do que debes facer para localizar o que andas a buscar.
-2ª parte: Busca asistida.
É a busca que aparece no catálogo por defecto, no vídeo explícase como utilizala: as buscas polos diferentes campos, refinar os resultados por facetas, como utilizar os operadores booleanos (e, ou, non), a busca por palabra clave, buscas exactas e truncamentos.
As buscas avanzadas permiten maior complexidade nas buscas, no vídeo ofrécese unha explicación para tirar máis partido delas, tamén se expoñen as diferentes opcións de visibilidade dos resultados. Gardar as buscas permite exportar os resultados que nos interesen a un correo ou a un ficheiro do noso ordenador.
A sesión personalizada do catálogo é o que chamamos "a miña biblioteca". Unha vez que te identificas, o catálogo ofrece moitas máis opcións de tratamento das túas buscas e resultados: garda as túas consultas, podes crear e gardar bibliografías personalizadas.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal