Fernández de Castro, Pedro, Conde de Lemos, 1576-1622
(Monforte de Lemos, España, 1576 - Madrid, España, 1622)
Apuntes biográficos/históricosAínda que máis coñecido por ser Conde de Lemos, Fernández de Castro y Portugal ostentou outros títulos nobiliarios e desempeñou cargos como o de virrei de Nápoles ou presidente do Consello de Indias. Ao longo de moito tempo tivo unha relación próxima aos membros da corte ate que varias conspiracións acabaron por afastalo dela.
Ademais da súa obra literaria, este persoeiro destacou pola súa labor de mecenado con escritores tan importantes como Lope de Vega ou Miguel de Cervantes. Neste sentido non podemos esquecer a conmovedora dedicatoria que o autor do Quixote, a piques de morrer, lle dedicou ao conde nos preliminares da Galatea.
No tocante á súa produción literaria, destaca sobre todo a súa obra Historia del buho de 1620. Este texto foi sacado á luz por Manuel Murguía no apéndice do seu Diccionario de Autores
Formas alternativas do nomeLemos, Pedro Fernández de Castro y Portugal , Conde de, 1576-1622
Lemos, Pedro Fernández de Castro , Conde de
Fernández de Castro Andrade y Portugal, Pedro, Conde de Lemos, 1575-1637
Fernández de Castro y Portugal, Pedro, Conde de Lemos, 1575-1637
Fontes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX859998. Consulta o 21.06.2017 http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX859998&index=LCNAME&lang=es&format=WBNETIQ4