Apuntes biográficos/históricosEmigrou moi novo á Arxentina pero retornou moi pronto á Coruña, onde comezou a traballar na Deputación principal. Obtivo o título de profesor mercantil na Escola Superior de Comercio da Coruña cunha memoria sobre a historia comercial da vila.
Participaba nos faladoiros da Cova céltica, na Libraría Rexional de Uxío Carré Aldao, con quen estaba emparentado, e formaba parte da redacción do xornal rexionalista Revista Gallega, dirixida por Galo Salinas, asinando artigos con seu nome e con pseudónimo.
Vogal da Liga Gallega na Cruña, impulsou o monumento aos Mártires de Carral, e participou, como integrante das irmandades da Fala, no crucial mitin galeguista celebrado en Lugo o 28 de xaneiro de 1917.
Correspondente da Real Academia de la Historia de da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, foi autor de varias monografías sobre a historia de Galicia tanto en galego como en castelán, e conta tamén cunha destacable obra poética.
Formas alternativas do nomeTettamancy y Gastón, Francisco
Tettamancy Gastón, Francisco, 1954-1921
Tettamancy y Gastón, Francisco, 1854-1921
Tettamancy Gastón, Francisco
Fontes consultadas1. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 24 de febreiro de 2021. XX1135525