• Boetius De co[n]solatio[n]e philosophica & de... (1498)

    Boetius De co[n]solatio[n]e philosophica & de... (1498)

    Boecio, Anicio Manlio Torcuato Severino

  • Antidotarius animae (11 Aug. 1491)

    Antidotarius animae (11 Aug. 1491)

    Salicetus, Nicolaus

  • Arte de navegar  en que se contienen todas las... (1545)

    Arte de navegar en que se contienen todas las... (1545)

    Medina, Pedro de

  • Calendarium (15 octubre 1485)

    Calendarium (15 octubre 1485)

    Johannes Regiomontanus

  • Comoediae,

    Comoediae,

    Terencio Africano, Publio

  • De nativitatibus. Magistralis compositio... (24 diciembre 1485)

    De nativitatibus. Magistralis compositio... (24 diciembre 1485)

    Abraham ben'Ezra

  • Expositio Canonis Sacratissime Missae (1497)

    Expositio Canonis Sacratissime Missae (1497)

    Balthasar, Franz

  • Liber chronicarum (12 julio 1493)

    Liber chronicarum (12 julio 1493)

    Schedel, Hartmann

  • Passio Duorum  : Tratado de devotissimas y muy... (1538)

    Passio Duorum : Tratado de devotissimas y muy... (1538)

  • Regla de la orden y caualleria de S. Santiago... (1547)

    Regla de la orden y caualleria de S. Santiago... (1547)

    Orden de Santiago

  • Repertorio de los tiempos (1588)

    Repertorio de los tiempos (1588)

    Alemán, Juan

  • Sermones aurei et pulcherrimi variis... (1528)

    Sermones aurei et pulcherrimi variis... (1528)

    Jacobo de Vorágine

  • Speculum animae peccatricis (ca. 1498)

    Speculum animae peccatricis (ca. 1498)

  • Speculum historiale (24 julio 1483)

    Speculum historiale (24 julio 1483)

    Vincentius Bellovacensis

  • Supplementum chronicarum orbis ab initio mundi (15 mayo 1490)

    Supplementum chronicarum orbis ab initio mundi (15 mayo 1490)

    Foresti, Giacomo Filippo

PRESENTACIÓN

Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia  (CCPBG) tenta recoller a descrición dos documentos que conforman este patrimonio. O Patrimonio Bibliográfico de Galicia é un concepto xurídico, definido na lexislación vixente  (Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galiciae que podemos resumir como segue :

Fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas de especial valor culturalAsí como as obras literarias, históricas, científicas ou artísticas, tamén de especial valor cultural, tanto se son impresas, manuscritas, fotográficas, cinematográficas, fonográficas ou magnéticas, de carácter unitario ou seriado en calquera tipo de soporte e independentemente da técnica utilizada para a súa creación ou reprodución, nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:

  • Inexistencia de, cando menos, tres exemplares idénticos en bibliotecas ou servizos públicos
  • Anteriores a 1901.
  • Características singulares que lles outorguen carácter único (ex libris, expurgacións etc.)

A propia lexislación (Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia) obriga á Administración a protexer, conservar, acrecentar, difundir e fomentar o patrimonio galego. Por iso dispón entre as funcións da Biblioteca de Galicia a de colaborar na elaboración e actualización permanente do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia, así como doutros posibles instrumentos de acceso común á información bibliográfica ou de acceso ao documento.

Ademais obriga ás bibliotecas pertencentes ao Sistema Galego de Bibliotecas a comunicar á Biblioteca de Galicia a tenza de obras ou fondos bibliográficos integrantes do patrimonio bibliográfico de Galicia.

O CCPBG comeza a súa andadura en novembro de 1986, como parte dun proxecto más amplo a nivel estatal que é o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español (CCPB), co que segue a colaborar actualmente. 

O micrositio do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, dentro de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, permite acceder a todas as descricións do catálogo desde un só punto.

Considerouse que Galiciana-BDG sería unha boa plataforma para dar acceso a toda a información do patrimonio bibliográfico galego acumulada durante máis de tres décadas e que estivo dispersa en diferentes soportes e bases de datos durante moitos anos. A decisión de compartir o mesmo sistema de xestión bibliotecaria ca biblioteca dixital baseouse no obxectivo de conseguir que cada vez máis obras incluídas no CCPBG poidan consultarse na súa versión dixital

 

NORMATIVA VIXENTE

-A nivel autonómico :

 

-A nivel estatal :