(A Coruña, España, 168? - Santiago de Compostela, España, 174?)
Apuntes biográficos/históricosNon se ten unha certeza plena sobre varios datos biográficos deste autor. Con case total seguridade, crese que Ignacio José Catoira naceu na Coruña, cidade na que iniciou os seus estudos relixiosos, no convento dos dominicos. Ao longo da súa vida desenvolveu varias actividades. Entre outros cargos, José Catoira ocupou os de profesor de Teoloxía e predicador de misións e do Santísimo Rosario. As súas excelencias coma orador propiciaron para acadar o posto de predicador de Filipe V, cargo de gran prestixio social na época. Aínda que non se coñece con exactitude o ano da súa morte, sábese que finou arredor dos setenta anos de idade en Santiago, no momento no que ocupaba o posto de examinador sinodal do Arcebispado.