Apuntes biográficos/históricosLuis Marcelino Pereira desenvolveu diferentes profesións ao longo da súa vida. Tense noticia de que no ano 1775 traballou coma mestre de Artes na Universidade de Santiago. Tras este breve período no que se dedicou ao ensino, en 1778 exerceu como corrixidor en Bilbao, chegando anos máis tarde a ser Alcalde do crime e Oidor da Audiencia de Valladolid.
En 1781, funda o xornal El Censor xunto a Luís María García del Cañuelo, unha publicación que se caracterizou pola súa valentía ao afrontar asuntos políticos, económicos e sociais.
De volta a Compostela, a súa cidade natal, desenvolveu cargos coma o de secretario da antiga Sociedade Económica Compostelá, ou o de Alcalde da casa e corte en 1805.