Apuntes biográficos/históricosEscritor, profesor e orador, cursou os estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. No Instituto de Pontevedra desempeñou a cátedra de Retórica e Política e Clásicos latinos. Asimesmo foi fiscal da Delegación de Facenda e síndico do Concello. Traslasdouse a Madrid onde, ademáis de exercer a abogacía, adquiriu fama de orador. Alí impartiu clases de Literatura e Elocuencia, Historia de España e Dereito penal e Administrativo. Fora de Galicia, tivo ao seu cargo a Alcaldía de Xixón e a Comisaría provincial de Albacete. En 1855 volveu a Pontevedra onde foi Deputado provincial de Pontecaldelas e profesor de francés, catedrático por oposición e director do Instituto pontevedrés. Foi alí onde pronunciou o seu afamado discurso con motivo do bicentenario da morte de Calderón de la Barca. Pertenceu á Real Sociedade Económica de Santiago e membro fundador da de Pontevedra. Foi redactor de "La Reforma" e "El Diario de Pontevedra" entre outros, e colaborou en publicacións madrileñas como "La Ilustración". "La Patria", "El Continenal" ou "El Heraldo"