Apuntes biográficos/históricosResumen biográfico extraído do número 15 de "Novas Penzol":
Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941 Nigrán, 2002) é unha figura fundamental na Galicia da segunda metade do século XX. Vinculado dende novo co mundo da cultura e co galeguismo, asiste en Ourense ao faladoiro de Vicente Risco e como estudante en Santiago, nos anos sesenta, forma parte do círculo de Ramón Piñeiro.
Compaxinou o seu traballo profesional de profesor de ensinanza secundaria co de escritor, dinamizador cultural, editor e político, deixando unha pegada significada en todos eses campos. Como escritor ten un papel esencial na renovación da narrativa galega, mais tamén é un precursor da literatura infantil e xuvenil galega. Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, biógrafo, crítico literario, columnista, a súa actividade literaria abarcou todos os xéneros.
Tivo unha constante participación no mundo cultural, foi membro da Real Academia Galega e desenvolveu funcións como a de Presidente do Consello da Cultura Galega, padroeiro da Fundación Penzol,membro fundador e presidente do Pen Club Galicia, director da revista Grial, etc. Tamén destacou no seu labor como editor, dirixindo a Editorial Galaxia. Como político, foi membro do grupo Realidade Galega e presentouse, como independente polo PSdeG, e foi elexido deputado nas eleccións autonómicas de 1981, sendo membro, polo tanto, da primeira lexislatura do Parlamento de Galicia.
Formas alternativas del nombreCasares Mouriño, Carlos, 1942-2002
Casares, Carlos Mouriño
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=986
2. Catálogo de autoridades da BNE XX853428