Apuntes biográficos/históricosSendo funcionario de Facenda con destino en Pontevedra, fundou alí o primeiro xornal desta cidade, Las Musas del Lerez. Posteriormente chegaría a desenvolver unha intensa actividade xornalística tanto en publicacións galegas coma foráneas. Cesante como consecuencia das súas actividades políticas (foi militante do partido Progresista) estableceuse en Madrid como libreiro. Froito da súa preocupación polo idioma galego editou El habla gallega. Observaciones y datos sobre su origen y vicisitudes, así como un Diccionario gallego-castellano. En verso, e en galego, escribiu o drama nun acto e tres cadros titulado Pedro Madruga.