Apuntes biográficos/históricosXornalista vigués, redactor xefe de El Pueblo Gallego, director de Grial e do Anuario de Vigo. Comezou a publicar poesía antes da Guerra civil española, coa obra O muíño albeiro. A esta obra seguiron outras como O amor, o mar o vento e outros gozos, publicada en plena guerra, Terra liñar ou As dornas da preguiza. Tamén publicou narrativa como o libro de relatos Historias do canizo, onde recreaba a terra ourensá da súa nai, Fondo de Cea, ou a novela Doutor Famiano.
Obtivo os premios Nacional de de Xornalismo "Octubre 1943", Gran Premio Vigo de Cinematografía e o premio "Ciudad de Vigo".