(Granada, España, 1889 - Chicago, Estados Unidos, 1957)
Apuntes biográficos/históricosProfesor. Estudou na Escola Superior de Maxisterio de Madrid, finalizando a carreira en 1914. O seu primeiro destino foi Almería, exercendo posteriormente en Madrid onde ingresou na AS o 1 de febreiro de 1920 como procedente da AS de Granada. Durante o curso 1920-1921 gozou dunha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos no Estranxeiro para estudar a organización e o funcionamento da inspección primaria en Francia, Bélxica e Inglaterra. Ao seu regreso do estranxeiro foi Inspector Xefe de Primeiro Ensino en Granada. Durante a Ditadura de Primo de Rivera, en decembro de 1927, foi destituído e dado de baixa no escalafón por negarse a cumprir a orde ministerial obrigando a que os nenos das escolas públicas saísen á rúa para celebrar a entrada do arcebispo na cidade. Elixido deputado do PSOE por Granada-provincia nas eleccións xerais de 1931, formou parte das Comisións de Instrución Pública e das de xulgar a conduta de Emiliano Iglesias Ambrosio e Juan March en novembro de 1931. Ademais, foi vogal suplente do Tribunal de Responsabilidades. Con Fernando de los Ríos como ministro de Instrución Pública foi Inspector Xeneral de Primeiro Ensino. Exiliado na República Dominicana, onde chegou en decembro de 1939 a bordo do buque De la Salle. Foi asesor da Secretaría de Educación; profesor da Escola Normal; asesor-secretario da Facultade de Filosofía da Universidade de Santo Domingo e colaborador de "La Nación" en Ciudad Trujillo. Posteriormente marchou a Porto Rico e en 1950 chegou a Nova York como profesor da Columbia University. Máis tarde pasou ao Estado de Mississippi. Faleceu en Chicago (Illinois) en 1957, mentres se atopaba de visita.
Formas alternativas del nombreSáinz, Fernando , 1889-1957
Fuentes consultadas1. Diccionario biográfico (www Fundación Pablo Iglesias). Visitado o 6 de maio de 2021. https://fpabloiglesias.es/entrada-db/5655_sainz-ruiz-fernando/
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1224005. Visitado o 6 de maio de 2021.