Apuntes biográficos/históricosIsaac Forneiro Barandela, nado en Ourense en 1897 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un empregado e político galego.
Empregado de banca en Cedeira. Galeguista das Irmandades da Fala, publicou Cantigas populares de Cedeira na revista Nós (1932). Socio do Seminario de Estudos Galegos, presenta en 1932 o estudo "A Vila de Cedeira". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado no castelo de San Felipe o 18 de decembro de 1936.