Apuntes biográficos/históricosGalaxia foi unha revista editada en Ourense en 1926.
Revista dedicada a publicación de novelas curtas, estaba dirixida por Cándido Fernández Mazas e Augusto María Casas. Editábase na imprenta de La Región.
No seu primeiro número, publicado en xullo de 1926, incluía a novela O purgatorio de don Ramiro, de Ramón Otero Pedrayo.
No segundo número, publicado en agosto de 1926, apareceu Muiñada d'estrelas de Augusto María Casas, ilustrada con debuxos de Xohan Rafael.
Anunciou para números sucesivos obras de Eugenio Montes, Amado Carballo, Vicente Risco e Florentino Cuevillas, pero non chegaron a ver a luz.
Galipedia