Apuntes biográficos/históricosNicasio Taxonera Marzal, finado en Ferrol en novembro de 1854, foi un empresario e impresor galego.
Fillo de Felipe Taxonera e María Jacinta Marzal. Importante empresario ferrolán, foi xerente da fábrica de papel de Sillobre e dono dunha imprenta dende 1837. Desta imprenta saíu en 1838 a Historia de Galicia de José Verea Aguiar e a edición do primeiros periódicos locais de ideoloxía provincialista: El Águila (1845), El Ferrolano (1846) e posteriormente El Eco Ferrolano (1854-1855).
Galipedia