Apuntes biográficos/históricosO 11 de outubro de 1923 publícase un anuncio no diario "El Ideal Gallego" no que a Imprenta Moret ofrece os seus servizos, neste anuncio indícase que o propietario é Manuel Rodríguez Moret, ex-administrador e ex-xefe dos talleres de "El Noroeste", un diario da Coruña.
Nestes primeiros anos, imprime algunhas importantes publicacións periódicas, como "A nosa terra", "Galicia: revista gráfica popular", ou varias novelas da colección "Lar" que dirixía Leandro Carré Alvarellos. No ano 1925 fai o primeiro traballo como editor, unha selección de poesías de Lamas Carvajal dentro dunha colección titulada "Biblioteca escollida de autores galegos", da que só se publicou este volume.
No ano 1963 Isaac Díaz Pardo crea a editorial Ediciós do Castro e as primeiras obras as imprime na Imprenta Moret. Posteriormente, entre os anos 1972 e 1974, Isaac Díaz Pardo adquire a Imprenta Moret que se convirte desde ese momento en Gráficas do Castro/Moret. No ano 1978 constitúese unha sociedade mercantil co nome Imprenta Moret, S.L. e nela participan como socios Concepción Pereira López, Manuel Rodríguez-Moret Pereira e María Socorro Rodríguez-Moret Pereira.
Formas alternativas del nombreImprenta Moret, imp.
Moret (A Coruña), imp.
Moret (A Coruña)
Imprenta Moret (A Coruña)
Imprenta Moret (La Coruña)
Imprenta-Editorial Moret
Fuentes consultadas1. Hemeroteca de Galiciana-BDG. Visitada o 19 de maio de 2021.