"Galo Salinas foi un galeguista e escritor en lingua galega e castelá.
Traballou de xornalista na súa cidade natal, A Coruña. Alí dirixiu a "Revista gallega", que representaba a banda máis radical do rexionalismo coruñés, e entrou en contacto cos intelectuais da Cova Céltica.
En 1903 pasou a dirixir a Escola Rexional de Declamación, fundada recentemente por un grupo de rapaces liderado por Eduardo Sánchez Miño. De feito, a primeira obra teatral que estreou esta escola dramática foi ¡Filla...! (1892) de Galo Salinas. As súas loitas de poder con Manuel Lugrís Freire propiciaron que Salinas abandonara a dirección da Escola Rexional de Declamación en 1904.
Foi a primeira persoa que ocupou o cargo de arquiveiro/bibliotecario da Real Academia Galega desde 1905 ata 1907. Marchou despois a Madrid, onde foi chanceler da legación uruguaia até a súa xubilación.
Prolífero escritor dramático, a el débese o primeiro estudo teórico sobre teatro galego, "Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo" (1896), verquido en 1998 á lingua galega por Laura Tato."
Enlaces relacionados
earthGalipedia
earthBiblioteca Virtual Galega
earthReal Academia Galega
Imaxe asociada á ficha
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal