(Santiago de Compostela, España, 1827 - A Coruña, España, 1897)
Apuntes biográficos/históricosFoi un rexionalista galego, mestre, xornalista, poeta e dramaturgo.
Francisco María de la Iglesia cursou na súa cidade natal os estudos de Maxisterio, trasladándose á Coruña para exercer de mestre municipal. Nesa cidade entrará en contacto con Emilia Pardo-Bazán e rexionalistas como Uxío Carré Aldao ou os irmáns Gil-Taboada, cos que colaborará en diversos proxectos.
Na Coruña exercerá o seu labor editorial e literario. En 1856 fundou e dirixiu El Diario de Galicia, colaborou en El Defensor de Galicia e El Fomento de Galicia. Dende 1868 dirixiu o Diario de La Coruña e en 1863 a revista Galicia. Revista Universal de este Reino, que publicaría ata 1865 xunto co seu irmán Antonio, coa colaboración frecuente dun terceiro irmán, Benigno, tamén poeta. Tamén colaborou en El Anunciador.
Publicou varios poemas no Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, editado polo seu irmán Antonio e que pasou a formar parte do Álbum de la Caridad (1862), publicado tras celebrarse os Xogos Florais da Coruña en 1861.
Como escritor dramático é o pai do teatro galego non popular, ao estrear con ruidento aprauso a súa peza A fonte do xuramento o 13 de agosto de 1882 no Liceo Brigantino da Coruña, e con millor trunfo no Teatro Principal o 22 de outubro. De feito, foi Francisco María de la Iglesia o primeiro autor que viu a necesidade de crear un teatro galego. Tanto era así que os seus correlixionarios (que non vían tal necesidade) rebautizárono co alcume de "Capitán Araña" (parafuseiro, enguedellante, embrullador,...), acusándoo de querer falar no gabinete como se fai na aldea.
Galipedia
Formas alternativas del nombreIglesia González, Francisco de la, 1827-1897
Iglesia González, Francisco M de la
Iglesia González, Francisco Mª de la, 1827-1897
La Iglesia González, Francisco María de
Iglesia González, Francisco d'a, 1827-1897
Igrexa, Farruco Mª d'a, 1827-1897
Iglesia y González, Francisco María de la, 1827-1897
Iglesia González, Francisco María de la, 1827-1897
Seudónimo:
Seudónimo: Gallego, Mingos, 1827-1897
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 1 de febreiro de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2443
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1726395. Visitado o 1 de febreiro de 2021