Coordenadas: 42°4256.6N 8°4214.9W / 42.715722°N 8.704139°W / 42.715722; -8.704139 Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atopase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2014 tiña 2.913 habitantes, dos cales 1.435 eran homes e 1.499 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 81,27 hab./km².O concello de Dodro conserva espazos naturais de gran importancia ambiental e paisaxística, como as Brañas que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia, incluídas no Sistema Fluvial Ulla-Deza e declarada zona de especial conservación. Preserva moitos elementos tradicionais como os cruceiros, os muíños, os hórreos e os reloxos de sol, exemplo da etnografía galega, en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. Pazos históricos que lembran a nobreza de antano e igrexas do barroco completan o patrimonio arquitectónico do municipio. Véxase no Galizionario. Neira, Carlos. «Evolución do uso do galego por concellos». Consultado o 14 de outubro de 2014. Series históricas de poboación de Galicia. Consultado o 6 de novembro de 2014. Concello de Dodro: Patrimonio natural; Brañas de Laíño. "As Brañas son o espazo húmido máis grande de Galicia e albergan unha gran riqueza ambiental". 44. ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza (ES1140001): DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas de especial conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Publicado no DOG o 31 de marzo de 2014
Dodro es un municipio español de la provincia de La Coruña en Galicia, junto al curso bajo y desembocadura del río Ulla, que forma a continuación la Ría de Arosa
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal