Coordenadas: 42°1948N 07°5212W / 42.33000°N 7.87000°W / 42.33000; -7.87000 Ourense é unha cidade galega, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. é a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2014 a poboación foi de 106.905 habitantes (107.597 en 2012).Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. é coñecida como "A cidade das Burgas" debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria .Destacan como monumentos a Catedral de Ourense (s.XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación. Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas o visitante pode gozar das augas termais do balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño. Véxase no Galizionario. Neira, Carlos. «Evolución do uso do galego por concellos». Consultado o 14 de outubro de 2014. "Auria é o nome máis antigo de Ourense, que quizais pervive en Oira" (Enciclopedia Galega Universal, s.v. "Auria"). Co nome de "Auria" designáronse varias publicacións editadas en Ourense: unha revista quincenal (1944-1946), outra mensual (marzo 1997) e un suplemento cultural do diario Faro de Ourense (novembro 1983). Finalmente, é tamén unha denominación literaria da cidade que empregou Eduardo Blanco Amor nas súas novelas A esmorga e La Catedral y el niño
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal