Apuntes biográficos/históricosPero García Burgalés naceu na segunda metade do século XIII, na cidade castelá de Burgos. Frecuentou a corte de Afonso X (rei de Castela e León) e a de Afonso III de Portugal. Grazas a estas visitas entraría en contacto con trobadores coma Roi Queimado ou Lourenço. De feito, consérvase unha tensón que o trobador compuxo man a man con este último.
Intúese deste autor que tiña certas influencias nos ámbitos social e literario, pois as súas cantigas mostran unha certa tendencia ao exceso. O seu léxico tamén foi desmesurado chegando a empregar en moitos casos palabras brutais e esaxeradamente obscenas. Nas súas cantigas de escarnio atacou principalmente a trobadores, xograres e soldadeiras, sobre todo a María Balteira, e mesmo chegou a encararse con certos maxistrados aos que caracterizaba de avaros e ate de pederastas. A súa produción atópase recollida nos Cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional.