Apuntes biográficos/históricosEstudou o bacharelato na Coruña e matriculouse en Dereito na Universidade de Santiago pero abandonou a carreira e marchou traballar a Madrid.
Emigra a Cuba onde dirixe o xornal La Unión Española ata a fundación de El Diario Español en 1907, que dirixiu e no que tamén escribía. Desde este xornal apoiou a instalación da Biblioteca América na Biblioteca da Universidade compostelá.
Dirixe tamén a revista Follas Novas e foi codirector no Almanaque Gallego.
Impulsor das sociedades emigrantes en Cuba, foi o secretario de fomento do Centro Gallego.
En 1917 regresa a Galicia tras ser expulsado de Cuba por uns artigos publicados en Vida Gallega, e regresa ao ano seguinte ao seren indultado. En 1930 volve, esta vez viaxando no dirixíbel Graf Zeppelin, patrocinado por dúas empresas cervexeiras da Habana.
Regresa definitivamente en 1932, e ocupa os cargos de gobernador civil de Lugo, Valladolid e Logroño.
Afiliado á Izquierda Republicana de Azaña e Casares Quiroga, tras o golpe de estado de 1936 é encarcerado en Pamplona onde tras dous anos de prisión é acusado de excitación á rebelión. O procedemento non rematou debido á súa morte a causa dun tumor intestinal.