(Santa Cruz de Tenerife, España, 1845 - Barcelona, España, 1924)
Apuntes biográficos/históricosFoi un escritor, poeta e dramaturgo español, un dos máximos expoñentes da Renaixença ou «rexurdimento» das letras catalás a finais do século XIX. Na súa extensa obra uniu unha aparencia romántica cos elementos principais do realismo.
Guimerá era fillo de pai catalán, Agustín Guimerá Fonts, e de nai canaria, Margarita Jorge Castellano. Naceu en Santa Cruz de Tenerife ainda que en decembro de 1853 trasladouse a vivir a Cataluña.
Aínda que Guimerá iniciou a súa carreira literaria na poesía, foi o seu talento como dramaturgo o que lle granxearía fama internacional.
Debido ao éxito dos seus dramas, foi un dos autores máis levados ao cinema a principios do século XX.
Guimerá foi proposto para o Premio Nobel de Literatura repetidamente: por primeira vez en xaneiro de 1906, por individuos da Academia de Boas Letras de Barcelona e a instancia da Academia Sueca, e esa proposta sería renovada todos os anos, sen éxito, ata a morte do autor.
Wikipedia
Formas alternativas del nombreGuimerá, Anxelo, 1845-1924
Guimerá, A., 1845-1924
Guimerà i Jorge, Àngel, 1845-1924
Guimerá Jorge, Ángel, 1845-1924
Guimerá y Jorge, Ángel, 1845-1924
Fuentes consultadas1. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX849501. Visitado o 25 de maio de 2020