(A Coruña, España, 1849 - Madrid, España, 1912)
"Juan Fernández Latorre, nado na Coruña o 8 de outubro de 1848 e finado en Madrid o 14 de marzo de 1912, foi un empresario e político galego, fundador do xornal La Voz de Galicia. Ingresou no Exército, onde chegou a sarxento de artillería e participou na rebelión do cuartel de San Gil, un golpe de Estado progresista que tivo lugar contra a raíña Isabel II en xuño de 1866 en Madrid. En 1869 redactou unha proclama, pola que foi condenado á morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. Fuxiu a Francia, de onde volveu a España con ocasión da amnistía de 1870. De volta a Galicia, a canda Antonio Prieto Puga e José Manuel Martínez Pérez fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Latorre converteuse en propietario único do diario".
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal