Apuntes biográficos/históricosNado en Ribadeo, de neno viviu tamén en Asturias onde estudou peritaxe mercantil, no concello de Navia. Aos 18 anos emigrou a América, establecéndose primeiro na Arxentina y máis tarde no Uruguai, na cidade de Tala.
A través dun compañeiro entra en contacto co mestre rural Joaquín Tejera con cuxo apoio entra a traballar como funcionario de correos e anímao a participar no diario "El Tala" do que o mestre era fundador.. - Tras o seu matrimonio con Dolores Riccetto múdanse a Brasil pero pouco despois volven a Tala onde comeza a estudar para Procurador e Escribán.
Organiza un grupo de teatro onde fai de autor, director, escenógrafo e funda a publicación satírica El Tala Cómico da que foi director e principal colaborador. Na revista dedícase a criticar ás autoridades civís e eclesiásticas locais, e tamén plasmou as súas reivindicacións, como a necesidade do ensino obrigatorio, baixo diversos alcumes tales como Juan Monga, Cáustico, Candil, Tácito, Ventosa ou EI. En 1897 péchase a publicación.
En 1899 fundou unha nova, Momentáneas, presentada como continuación de El Tala Cómico, pero na que a vea cómica foi substituída por outra máis melancólica.
A súa poesía gauchesca, publicada en ambas revistas, comeza a ser recollida por outras publicacións e finalmente editada na súa obra principal, Paja brava, de 1915, cunhas vinte reedicións, algunhas ilustradas por importantes artistas uruguaios.
O éxito do poemario reflíctese na incorporación de varios poemas por parte do cantante de tangos Carlos Gardel ao seu repertorio. Tamén o cantautor Alfredo Zitarrosa e o compositor Eduardo Fabini, baseáronse nos seus poemas para as súas cancións e música.
Participou na política uruguaia sendo deputado polo Partido Nacional inda que a súa entrada na Cámara de Representantes suscitou críticas debido a súa condición de estranxeiro.
Pasou os últimos anos da súa vida en Montevideo, onde faleceu en xaneiro de 1922.
Formas alternativas del nombreAlonso Trelles, José, 1857-1924
Trelles, José Alonso, 1857-1924
El Viejo Pancho, 1857-1924
Viejo Pancho, 1857-1924
Alonso de Trelles y Jarén, José María, 1857-1924
Trelles, José Alonso de
Fuentes consultadas1. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 20 de abril de 2021. XX1424117