"Fillo de Manuel de Cal. Foi fiscal de Ferrol (1913) e presidente do Comité romanonista ferrolán (1915). Colaborou en "Diario ferrolano", "Estudios gallegos", "El Noroeste" e "Acción Coruñesa" e dirixiu "El correo gallego" en 1913. Na ditadura de Primo de Rivera foi tenente de alcalde de Ferrol. Na Segunda República foi alcalde de Valdoviño de forma alterna en 1931, 1932 e 1934. Cambiou a Casa Consistorial de Pazos a Lanzós. Foi presidente de Unión Republicana de Ferrol e dirixiu o semanario "Renovación" en 1936. Tamén colaborou en "El pueblo gallego". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por rebelión con José Eiroa Mosquera, sendo condenado á pena de morte. Foi executado na Punta do Martelo do Arsenal o 9 de novembro de 1937."
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal