Apuntes biográficos/históricosEncarnación Fraga Padín, nada en Cambados o 11 de febreiro de 1908 e finada en 2000, foi unha química e farmacéutica galega. Realizou estudos superiores na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela entre 1925 e 1930. Foi discípula de Isidro Parga Pondal, xunto a Amparo Arango Fernández e Dolores Lorenzo Salgado.Dende abril de 1931 foi membro da Sociedad Española de Física y Química (SEFQ) e publicou nos Anales desta sociedade, xunto a Isidro Parga Pondal, o estudo Quimismo de la pegmatita litinífera de Goyás (Lalín), realizado no Laboratorio de Xeoquímica do "Instituto de Estudios Regionales" da Universidade de Santiago.Posteriormente, estudou a carreira de Farmacia e estivo á fronte dunha botica en Cambados, aínda que tamén exerceu como docente. Tamén tivo vinculación co Seminario de Estudos Galegos en calidade de socia protectora