Apuntes biográficos/históricosNace en Portugal, en Freixo de Espada à Cinta, en 1862.
Tratando de mellorar as súas condicións de vida, trasládase a España seguindo as correntes migratorias que unían o norte de Portugal coa provincia de Ourense, en concreto coa zona do Ribeiro.
Chaga a Ourense en 1897, con 17 anos, aprendendo o oficio cun fotógrafo da rúa do Progreso- probablemente Uxío Mora-. Pouco tempo despois comeza a traballar polas vilas (Maceda, Celanova, Bande e Ribadavia) e os núcleos de pobación que circundan a cidade. O seu obxectivo eran as vodas, bautizos, comuñóns, grupos familiares, festas en xeral e feiras.
Na última década do século XIX, temos contratada a súa presenza na cidade, desde 1889, data na que aparece asociado con Conrado Tomé e con estudio aberto en Pelaio, nº 20 - no que fora o estudio de Francisco Prieto, La Luz Universal-.
É o 2 de maio de 1899 a data na que podemos confrimar a súa instalación definitiva, no seu estudio da rúa da Alba, nº 9.
En 1913 aluga o segundo piso da mesma casa, e traslada a súa vivenda. Continúa saíndo ás vilas e aldeas, aínda que cada vez menos, xa que a clientela se desprazaba ao seu estudio.
A faceta de José como mestre coñecémola pola categoría acadada polos seus alumnos, entre os que temos que recoñecer que en máis dun caso conseguiron máis fama co mestre. O primeiro de quen temos coñecemento é do seu xenro, Manuel Bautista, que con 14 anos estaba de aprendiz con José.
O seguinte aprendiz coñecido fio o seu irmán Jaime, e non existen, neste caso, dúbidas sobre a súa traxectoria.
Por útlimo están os seus fillos, José Guedes Bautista (A Coruña) e Julio Augusto Bautista (Ourense). Tamén os seus sobriños se dedicarán a fotografía: César (Vigo e Monforte) e Horacio (Vigo).
Despois de formar a estes profesionais cos que mantiña lazos familiares, chegou outro aprendiz moi interesante, Luis Casado Fernández, Luis Ksado, quen co paso dos anos sería recoñecido como un dos mellores fotógrafos de Galicia.
Pecha a lista de aprendices Félix Dopazo.
O legado fotográfico do estudio de José e Augusto é posiblemente o máis extenso dos existentes na cidade, pero diversas circunstancias propiciaron que actualmente se atope diseminado por varios puntos da xeografía galega.
Á marxe dos exemplares que están en mans das familias, gran parte das súas obras están en poder do CGAI (A Coruña), do Museo Etnográfico de Ribadavia e de varios anticuarios ourensáns.
Formas alternativas del nombreGuedes Pacheco, José, n. 1862
Pacheco, José Guedes, n. 1862
Pacheco Guedes, José, n. 1862
Guedes Pacheco, José de Sousa , n. 1862
Fuentes consultadas1. Salgado Sánchez, Rafael. Achegamento á historia da fotografía en Ourense (2011)