(Santiago de Compostela, España, 1899 - Santiago de Compostela, España, 1969)
Apuntes biográficos/históricosFoi un sacerdote e escritor galego.
Fillo de Emilio Pedret Tost e Sofía Casado Reinosa. Ingresou en 1909 no Instituto de Santiago para facer o Bacharelato, estudando ao mesmo tempo no Seminario. En 1922 foi ordenado presbítero en Tui. Antes de ordenarse sacerdote terminou os estudos de Dereito, obtendo a licenciatura en 1921, e o doutoramento en 1923. Tamén conseguiu a licenciatura en Ciencias Históricas en 1929.
En 1923 consegue unha praza de Capelán castrense. En 1928 regresou a Compostela e foi nomeado profesor axudante da Facultade de Dereito.
Pertenceu tamén ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.
Wikipedia