Apuntes biográficos/históricosPublio Ovidio Nasón, (latín: Publius Ovidius Naso) nado en Sulmona o 20 de marzo do 43 a. de C. e finado en Tomis, actual Constanza no mar Negro no 17 ou 18 d. C., foi un poeta romano que escribiu sobre temas de amor, mulleres abandonadas e transformacións mitolóxicas. Contase, xunto con Virxilio e Horacio, como un dos tres poetas por excelencia da literatura latina. Ovidio foi amplamente considerado o máis grande mestre do dístico elexíaco. A súa poesía, moi imitada durante o final da Idade Antiga e a Idade Medieval, tivo unha influencia decisiva na arte e a literatura de Europa durante moitos séculos.
Galipedia