Apuntes biográficos/históricosNaceu na vila ourensá de Celanova o 15 de setembro de 1851. Con tan só 15 anos, o poeta marcha cara a Madrid, onde acadará o bacharelato e comezará a carreira de Dereito. Durante estes anos na capital, o poeta vaise implicando na vida política do país, defendendo a súa ideoloxía republicana e progresista e levando a cabo unha destacada labor xornalística.
En 1877 instálase en Ourense para traballar como funcionario de Facenda, gañando na cidade das Burgas, con "A Virxe d'o Cristal", "O Gueiteiro" e "Unha boda en Einibó", o seu primeiro certame literario. Tres anos máis tarde, en 1880, publica a súa grande obra Aires d'a miña terra, pola que o bispo ourensán decide procesalo e excomungalo. Tras ser cesado do seu posto na administración, abandona Galicia e retorna a Madrid, onde exercerá novamente o xornalismo en diarios como El País ou El Porvenir.
Xa fose por causas políticas ou económicas, o poeta emigrou a Cuba en 1894, onde dirixiu La Tierra Gallega e colaborou noutros xornais de recoñecido prestixio. O seu carácter polémico fixo que en 1904 tivese que volver para A Coruña, cidade na que foi longamente eloxiado polos rexionalistas. Pouco tempo despois regresará a Cuba, onde morrerá aos 57 anos de idade.
Formas alternativas del nombreCurros Enríquez, 1851-1908
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 16 de setembro de 2014 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1319
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX894651. Visitado o 16 de setembro de 2014 http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX894651&index=LCNAME&lang=es