Apuntes biográficos/históricosO relixioso franciscano Juan Antonio Domínguez iniciou os seus estudos en 1717 no Colexio de Pasantes de Alba de Tormes en Salamanca. Unha vez rematados, obtivo unha cátedra na universidade da cidade salmantina. Xunto aos seus méritos intelectuais, a súa destreza na oratoria foi determinante á hora de ser nomeado predicador xeral. Cando ocupaba o cargo de gardián do convento de Tui, arredor de 1743, Benavente elixiuno para que fora o cronista da provincia no Capítulo Provincial que estaba a organizar naquel momento. Tamén é fundamental sinalar o labor que levou a cabo Juan Antonio Domínguez na continuación da Crónica Seráfica [...] xa iniciada polo Padre Jacobo de Castro. A obra, dividida en catro libros, publicouse en 1750 e constitúe un magnífico percorrido por varias biografías de relixiosos, moitos deles pertencentes á provincia de Santiago.