Apuntes biográficos/históricosMembro da Compañía de Xesús, creíase que a súa orixe era compostelana, ate que un estudo de Carlos Somervogel, Bibliotheque de la Cie. de Jesús, dáo como natural de Ourense.
Considerado un dos mellores predicadores do seu tempo, quedáronnos da súa labor como autor relixioso varios escritos, na súa meirande parte sermóns e oracións.